Alternativa dos Veciños de Cambre solicitará ao Goberno municipal de Cambre o expediente da Relación de Postos de Traballo do Concello de Cambre para o seu estudo.
Raúl Varela portavoz de Alternativa dos Veciños de Cambre e próximo candidato á alcaldía de Cambre , solicitará o comisións informativas o expediente actualizado para o seu estudo dada a complexidade do mesmo e en previsión de que unha vez máis o Goberno cambrés volva dilatar os prazos en temas de calado e dar a ultima hora expedientes para o coñecemento dos diferentes grupos da oposición. Desde Alternativa dos Veciños de Cambre esperan que a falta de transparencia mostrada durante toda a lexislatura por UxC non se volva a repetir e que demostren que esa transparencia non quede nun slogan de campaña como nos teñen afeitos desde ese partido político.