Friday 22 de November de 2024

Inés Rey: “Ecosystems2030 consolida a A Coruña como a referencia en innovación tecnolóxica”


Este prestixioso foro interdisciplinar contará con máis de 60 conferenciantes de referencia internacional de empresas como Microsoft, Meta, Google, Bosch, Red Bull ou Airbus

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a presentación do congreso Ecosystems2030, que volverá este 2023 á cidade. Palexco acollerá os próximos 4 e 5 de maio este prestixioso foro internacional sobre innovación, que reunirá a máis de 60 conferenciantes de nivel mundial para analizar os desafíos da innovación e o impacto que terán nos próximos 10 anos a expansión de tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, a robótica, os sistemas e vehículos autónomos, a impresión 3D, as fintech ou a realidade virtual.

“En Ecosystems2030 analizaranse os cambios que as novas tecnoloxías provocarán na sociedade e o modo no que as organizacións deben adaptarse a elas para conseguir ser relevantes no futuro”, asegurou a alcaldesa, que subliñou o alto número de mulleres que participarán este ano no congreso. Nesta segunda edición na cidade a relación de poñentes procedentes dunha vintena de países que inclúen altos executivos de compañías tecnolóxicas tan recoñecidas como Google, Meta, Microsoft, Intel, Oracle, IBM, Bosch o Philips. Tamén hai empresas líderes noutros sectores como Red Bull, Spotify, IKEA, Airbus ou PepsiCo. Tamén participarán dirixentes internacionais como o ministro de Economía Dixital e Emprendemento de Xordania, Ahmad Hanandeh, ou a expresidenta de Finlandia, Tarja Hallonen.

Ademais das conferencias individuais, a programación de Ecosystems2030 inclúe foros de debate específicos para abordar o futuro do transporte, as tecnoloxías emerxentes e os desafíos xeopolíticos. Tamén terá lugar tamén unha sesión de traballo monográfica centrada en ‘A saúde, a lonxevidade e o seu impacto económico’. En canto á sesión aberta a toda a cidadanía, esta desenvolverase o venres 5 de maio entre as 15.45 e as 20.30 horas. Nesta sesión están programados foros de debate sobre como as diferentes industrias xestionan a innovación e sobre o futuro da ciberseguridade.

Na rolda de prensa, presidida pola alcaldesa, Inés Rey, interviron tamén o presidente executivo de Ecosystems2030, Omar Hatamleh (en videoconferencia desde Houston), o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera, Antonio Viejo.
“Coa estadía de Ecosystems2030 de novo na Coruña, continuamos avanzando no modelo de cidade que estamos a desenvolver e no que A Coruña é xa un gran referente en innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e tamén no fomento do turismo de congresos e de negocios”, sinalou Inés Rey. A rexedora tamén quixo lembrar que este congreso acada unha dimensión máis alta logo da consecución da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial: “A consecución da AESIA suporá un impulso determinante na xeración de emprego e na atracción de talento á nosa cidade como gran polo tecnolóxico de Galicia”.

Lista de conferenciantes
● Pilar Manchón: Directora sénior de Estratexia de Investigación en Google AI
● Jason Wild: Vicepresidente e CEO de Innovación de Microsoft
● Rafa Camargo: Vicepresidente de Hardware en Laboratorios de Realidade de Meta
● Tomasz Nowkowski: Vicepresidente de Red Bull
● María Cortés Puch: Vicepresidenta da Rede de Solucións para o Desarrollo Sostible da ONU
● Marcus Spickermann: Vicepresidente sénior en Bosch
● Arijit Bandyopadhyay: Director de Tecnoloxía de Intel
● Mina Bastawros: Vicepresidente de Airbus
● Makoto Ochiai: Xerente global do Centro de Sistemas de Enerxía, Investigación y Desarrollo de Toshiba
● Lorna Ortiz-Soto: Xefa global de Tecnoloxía en Shell Oil
● Thomas Davin: Director de Innovación de UNICEF
● Ahmad Hanandeh: Ministro de Economía Dixital e Emprendemento do Reino Hashemita de Jordania
● Gabriel Perdiguero: Director de Transformación de Iberia

● Sandrine Gadol: Directora de Innovación de L´Oreal
● Jelena McWilliams: Ex presidenta da Corporación Federal de Seguros de Depósito (FDIC) de Estados Unidos
● Alessandro de Luca: Director de Información en Merck
● Billy Nolen: Administrador da Administración Federal de Aviación (FAA) de Estados Unidos
● Andreas Geiss: Vicepresidente sénior de Siemens
● Alaa Adel: Vicepresidente sénior de Oracle
● S.E. Saeed Aldhaderi: Director do Centro de Estudos do Futuro da Universidad de Dubai
● Juan Villamil: Director de Información en Imperial College London
● Andrés de León: CEO de Hyperloop Transportation Technologies
● Tarja Halonen: 11ª Presidenta de Filandia (2000-2012)
● Iveta Radicová: Presidenta de Eslovaquia (2010-2012)
● Sidney Madison Prescott: Xefa global de Automatización Intelixente de Spotify
● Rick Keating: CEO de Keating
● Bettina Schaller: Presidenta da Confederación Mundial do Emprego
● Jennifer Frueahuf: Directora de Estratexia de Innovación en Salesforce
● Alexandra Gonçalves: Directora Médica en Philips
● Ashok Banerjee: Vicepresidente sénior en Trellix
● Bader Hamdan: Vicepresidente de Twilio
● Jordi Ferrer: Vicepresidente e xerente xeral en Service Now
● Karen Florschuetz: Ex CEO de Servizos ao Cliente de Siemens
● Lara Habib: Presentadora sénior en Al Arabiya
● Nikki Eberhardt: Emprendedora social global e profesora de negocios
● Michael Lewrick: Autor do bestseller “The Design Thinking Playbook”. Deloitte
● Jennifer Stumn: Directora e fundadora do festival Ilumina e violinista de prestixio mundial
● Zenia Tata: Estratega en innovación
● Giuseppe Napo Montano: Vicepresidente de Robótica Móbil en Arrival
● Tim Haunschild: Mago e speaker sobre startups
● Alexandra Mousavizadeh: Socia en Tortoise Media e directora en Tortoise Intelligence

● Shelby Austin: CEO e cofundadora de Arteria AI
● Umran Beba: Ex vicepresidenta sénior de PepsiCo
● Derar Almanaseer: Director de Estratexia e Inversións de ADNEC Group
● Aysegül Íldeniz: Líder global en tecnoloxía (ex vicepresidenta de Intel)
● Filiz Balçay: Directora rexional en Chiesi Group
● Steve Barsh: Ex socio xerente en Dreamit Ventures
● Notti Kushnir: CEO en MOV.AI
● Gaelle Hotellier: Directora de Operacións en Krohne Group
● Anahita Thoms: Socia líder mundial en Sostibilidade de Baker Mackenzie
● Gerardo Portilla: Director de Enxeñería en Peta Optik
● Fernando Domínguez: Vicepresidente de Desarrollo en SandboxAQ
● Jumana Al-Sibai: Membro do Comité de Administración de MAHLE Group
● Abdalla Awidi: Director do Stem Cell Therapy Center
● Patricia Thaine: CEO de Private AI
● Mathias Artzt: Asesor legal sénior en Deutche Bank
● Onur Korucu: Vicepresidenta para Europa, Oriente Medio e África de Consultoría da Privacidade en TerzionDX
● Lonin Gali: Director de Información e Seguridade da Información en GIT1K
● V.R. Ferose: Vicepresidente sénior e xefe da Academia SAP para enxeñeiros
● Aysha Kan: Director de Información e Seguridade da Información en Treasure Data
● Vinayak Godse: CEO en Data Security Council of India