Unha nova cita literaria chega á Pobra do Caramiñal. O Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá no 3 de marzo, ás 20.00 horas, a presentación do libro A tiempo, de Ana María García López.
Organizado pola Concellaría da Cultura, o acto contará coas intervencións da propia autora e da edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
Trátase dunha obra de ficción climática que xira arredor da sostibilidade, aspecto que vai máis alá do argumento e que se traslada ao proceso de deseño e impresión do libro.
O acceso é libre ata completa-la cabida.