• Ás 9:30 horas será a recepción de participantes, e ás 10:00 horas será a inauguración institucional a cargo dos membros galegos do Comité Español da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
O Castelo de Santa Cruz acollerá este xoves unha xornada sobre conservación da natureza coa UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) como nexo de unión.
Ás 9:30 horas será a recepción de participantes, e ás 10:00 horas será a inauguración institucional a cargo dos membros galegos do Comité Español da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Ás 10:30 horas, celebrarase a mesa redonda “Que é, para que serve e como funciona a UICN?”, a cargo de Roberto Lozano Mazagatos, presidente do Comité Español da UICN, e Jesús Bellido López, da oficina técnica do Comité Español da UICN.
Ás 10:45 horas presentarase “O papel das ONG na UICN”, a cargo de Cristina Gómez Rodríguez, de Fundación Osíxeno. Ás 11:00 horas, a exposición “O papel dos gobernos na UICN. Caso práctico, Estado Español” con Santiago Gracia Campillo, da secretaría permanente do CeUICN, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
Ás 11:45 horas, quenda da conferencia “O papel das universidades na UICN. Caso práctico, Universidade Católica de Ávila”, con Fernando Herráez Garrido, profesor da UCAV e director de Cátedra CeUICN-UCAV. Ás 11:30 horas, “O papel das Comisións de Expertos da UICN. Caso práctico, áreas protexidas”, con Diego Juffe Bignoli, membro da Comisión Mundial de Áreas Protexidas (WCPA) e da Comisión de Xestión de Ecosistemas da UICN (CEM).
Ás 11:45 horas, quenda da exposición “O papel dos concellos na UICN. Caso práctico, Concello de Málaga”, con Luís medina-Montoya Hellgren, director xeral de Medio Ambiente e Sostenibiliad da área de Sustentabilidade Ambiental do Concello de Málaga.
Ás 12:00 horas pausa para café, e ás 12:30 horas preséntase o informe “PLANETA VIVO 2022 (IPV)”, CON Enrique Segovia Bernaldo de Quirós, director de Conservación de WWWF España.
A entrada, que é libre, necesita inscrición previa en www.ceida.org.