Terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, ás 18:30 horas, con retirada ou reserva de convites na Biblioteca Municipal dende xa
O salón de actos da Casa da Cultura acollerá este domingo 5 de marzo o espectáculo de maxia “Magic Mateo Show”. Será a partir das 18:30 horas, con entrada de balde previa retirada de convites na Biblioteca dende xa de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas, ou chamando para a reserva de praza ao teléfono 981 39 02 33 -neses mesmos horarios-. Esta xove promesa no mundo da maxia ofrecerá un espectáculo para todos os públicos onde explorará todas as ramas, dende a maxia cómica ata as ilusións ópticas, pasando polas prediccións, aparicións e manipulación de obxectos e mesmo levitacións.
Con tan só 14 anos, e a pesares da súa xuventude, Magic Mateo xa ten compartido cartel con destacados ilusionistas como Jorge Blas, Javi Rufo ou Dani Polo, dos que aprende e ensaia cada día para mellorar a súa técnica. Teatros e auditorios son lugares habituais para as súas actuacións, que compaxina últimamente coas súas aparicións en diferentes programas da TVG.