· O prazo de inscrición finaliza o martes 7 de marzo ás 14:30 horas e pode facerse no teléfono 981 791 252 (ext.7) ou no formulario https://bit.ly/41rsrel
O Concello de Bergondo organiza para o sábado 11 de marzo un roteiro circular por Bergondo, Lubre e Santa Marta, unha iniciativa que se enmarca dentro do programa municipal de lecer activo ‘Bergondeando’ e que é totalmente gratuíta.
A saída terá lugar ás 9 horas desde a casa do concello e a chegada a esa mesmo punto está prevista para as 13 horas. Poden participar persoas maiores de 18 anos e tamén menores de idade, a partir de 5 anos, acompañados dun responsable.
O prazo de inscrición finaliza o martes 7 de marzo ás 14:30 horas e as persoas interesadas en participar poden anotarse no teléfono 981 791 252 (extensión 7) ou no formulario habilitado na web municipal https://bit.ly/41rsrel