Saturday 16 de November de 2024

O autor Josiño Araújo participou no Club de Lectura de Cabanas


Araújo comentou coas participantes a súa obra “Memorias dun exgalego”

O Club de Lectura de Cabanas recibiu a visita de Josiño Araújo Pérez, autor de “Memorias dun exgalego”, lectura proposta para a sesión do mes de febreiro. O libro fala do autoodio do seu protagonista, Anxo, logo convertido en Ángel, un home “que despreza á súa familia e ao seu país”.

Araújo é licenciado en dereito pola USC, e tamén produtor audiovisual. Foi colaborador en diferentes medios, e dirixiu varias curtametraxes e videoclips. Na actualidade exerce como avogado en Vigo, profesión que intercala coa súa actividade literaria, de articulista (La Marea) e creativo en redes sociais.

O Club de Lectura, organizado pola área de cultura de Cabanas, xúntase os últimos venres de mes á tarde. Aquelas persoas interesadas en participar poden dirixirse ao correo cultura@cabanas.gal ou chamar ao 981 495 959 (ext. 3) se desexan anotarse ou recibir máis información.