O curso ten por obxectivo mellorar as competencias para o emprendemento e a creación de contidos
O Concello de Cabanas continúa as formacións en competencias dixitais dirixidas a mulleres cun novo curso de iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento, que ten por obxectivo principal adquirir as competencias dixitais básicas que permitan aproveitaras posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais para a capacitación para o emprendemento.
A formación, dun total de 40 horas, repártese en tres módulos [iniciación e procura de inforamción en contornas dixitais (13 horas); comunicación e creación de contidos en contornas dixitais (13 horas) e competencias dixitais básicas para o emprendemento (14 horas)], e comezará o 8 de marzo.
Para garantir o acceso nas mesmas condicións ás formacións, as usuarias recibirán unha tablet coa que poderán quedar ao rematar o curso, sempre e cando non a tiveran recibido no curso básico.
As interesadas en obter máis información poden chamar ao 881 820 345, contactar por WhatsApp no 621 180 897 ou escribir un correo a info@mullerdixital.gal.
O programa Muller Dixital está financiado pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade.