O Concello de Camariñas pechará mañá, sábado 25 de febreiro, a súa programación de Entroido co Enterro da Sardiña.
As actividades comezarán ás 12 horas coa despedida da Sardiña das parroquias, con saída desde Camariñas. Ás 17 horas terá lugar a traslatio e velorio con choronas na Casa de Pedra e ás 17:30 horas a charanga BB+ fará o acompañamento antes da posterior incineración na Praza do Mercado.
Ademais, haberá inchables na Praza do Mercado desde as 16:30 horas e chocolatada con churros despois da incineración.