Friday 22 de November de 2024

O GES de Ortigueira xa ten á súa disposición un novo vehículo de primeira saída para atender emerxencias


• O concelleiro, Juan Cao, participou esta mañá no acto de entrega desta nova unidade, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago

• Conta cun equipamento tecnolóxico de última xeración, que inclúe unha cámara térmica, un ventilador de extracción, un depósito de auga, un sistema de presión alta, dous equipos de respiración autónomos e un equipo de escalada

O concelleiro de Ortigueira, Juan Cao, participou esta mañá no acto de entrega de vehículos de emerxencias por parte da Axega (Axencia Galega de Emerxencias), no que estaba presente o Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Diego Calvo.

Durante a cita, celebrada na Cidade da Cultura de Santiago, materializouse a concesión dun vehículo de primeira saída ao Concello de Ortigueira uso do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).
Esta nova unidade, valorada en 109,293 euros, conta cun equipamento tecnolóxico de última xeración, que inclúe unha cámara térmica, un ventilador de extracción, un depósito de auga, un sistema de presión alta, dous equipos de respiración autónomos e un equipo de escalada.

Con estes novos materiais mellorarase a maquinaria do equipo para realizar as saídas necesarias dunha forma máis efectiva e con maiores garantías de seguridade.
Segundo indicou Cao, “esta unidade supón unha nova ferramenta para ou GES de Ortigueira, que vai redundar nunha maior efectividade e un incremento na seguridade á hora de realizar as súas saídas”.