Friday 22 de November de 2024

A Dirección General de Tráfico impartirá na Laracha unha charla sobre prevención de atropelos


Será o 1 de marzo ás 10:00 horas na Casa da Cultura.

O vindeiro día 1 de marzo a partir das 10:00 horas o coordinador provincial de educación viaria da Dirección General de Tráfico (DGT) impartirá na Casa da Cultura da Laracha unha charla sobre prevención de atropelos.

A iniciativa ten por finalidade esencial informar sobre boas prácticas, normativas e consellos para aumentar a seguridade dos peóns, centrándose especificamente na prevención dos atropelos e en explicar as principais causas que os provocan e como e en que lugares son máis frecuentes para poñer o foco sobre os elementos de risco e como previlos.

A asistencia á charla como público é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. Todas as persoas que acudan serán obsequiadas cun chaleco reflectante, elemento imprescindible para que os peóns sexan máis visibles polos condutores nas horas de escasa ou inexistente luz solar.