Friday 22 de November de 2024

O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a obra “Adictos” coa interpretación de Lola Herrera


O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dúas funcións da obra de teatro contemporáneo “Adictos”, da compañía Pentación, coa dirección de Magüi Mira e cun elenco de actrices formado por Lola Herrera, Ana Labordeta e Lola Baldrich.

“Adictos” aborda unha problemática que afecta á sociedade en xeral analizando hasta qué punto nos atopamos sometidos á tecnoloxía, qué tipo de sociedade construímos e qué panorama nos expón o futuro máis próximo. Unha ficción cuxos personaxes manifestan inquietudes que nos incumben a todos, cuestionando paradigmas que, ata o de agora, asumimos como válidos e certos pero que poida que escondan mentiras que estean distorsionando as nosas vidas.

Os autores do texto, Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez, reivindican a través deste exto a capacidade de reacción do ser humano. O punto de rebeldía que sempre é necesario para que as cousas evolucionen cara a unha meta mellor, cara a un horizonte no que poidamos gozar dunha vida tecnolóxicamente sa e socialmente libre.

A primeira das funcións que terán lugar no Pazo de Cultura naronés será o venres día 24 ás 20.30 horas e a segunda función o sábado día 25 ás 20.00 horas.

As entradas teñen un prezo de 18,00 euros para o público xeral e de 12,60 euros para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web: padroadodecultura@naron.es.