Friday 22 de November de 2024

A guerra en Ucrania, protagonista da batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao, no Concello de Touro


A ‘guerra en Ucraína’ protagonizou este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’. 2023 volveu vivir o Entroido nesta parroquia de Touro, tras dous anos sin celebracións a causa da Covid19. “Ucrania ha sido atacada / por el ejército ruso / sin piedad ni compasión / como Putin lo dispuso”, dixo un ‘xeneral’ no Campo da Festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos. Ainda que había nubes non choveu durante a celebración da Androidada, que rexistrou unha nutrida presencia de veciños e forasteiros que foron situándose baixo a carpa instalada. “Ya casi ha pasado un año / y no cesan los combates / los muertos son incontables / que tremendo disparate”, dixo gritando un dos ‘xenerais’ dende o centro do campo da festa, onde se concentraron os xinetes. “Hay que reaccionar señores / consentir más no podemos / a esos hechos deleznables / poner pronto fin debemos”, contestoulle outro ‘xeneral’. E non tardou en chegar a réplica. “Ucrania no se amilana / lucha con uñas y dientes / le sobran valor y audacia / a sus tropas y a sus gentes”. E o mesmo ‘xeneral’ apuntou de novo: “Gran Bretaña nos apoya / con tanques y armamento / también la Unión Europea / interviene en este evento”.

A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.00 horas. A esa hora o campo da festa de Fao comenzou a recibir á xente. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre e divertida ‘Antroidada’. Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco do campo da festa, como xa é tradición. A continuación comezou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’. Os xinetes situáronse nun recinto pechado en círculo ubicado no centro do campo da festa, adornado cun arco con mimosas e baixo unha carpa. E alí, tras darlles o alto o centinela, comenzou a confrontación verbal. E saíron a relucir as cuestións de política internacional. Os ‘xenerais da Ulla’ replicaron e contrarreplicaron ante a veciñanza durante unha media hora. Non faltaron, posteriormente, ‘os consellos dos frades’, que predicaron anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co ‘Enterro do Antroido’.