Friday 22 de November de 2024

Paz Gago reclama investimentos na cidade cos 8 millóns da pasarela Oza-Santa Cristina


O candidato de Alternativa dos Veciños na Coruña, Chema Paz Gago, reclamou que a Xunta de Galicia destine a actuacións na cidade os fondos previstos para a construción da pasarela entre Oza e a praia de Santa Cristina. Alternativa propón a creación dun paseo marítimo entre Os Castros e A Pasaxe.

“Que foi deses 8 millóns de euros que anunciaba a Xunta e que aforrou ao non poder atentar contra a praia de Santa Cristina, coa pasarela desde As Xubias? Se había 8 millóns para A Coruña, terá que seguir habendo 8 millóns para A Coruña”, dixo o candidato Paz Gago. A construción dun paseo marítimo entre Os Castros e A Pasaxe, permitiría recuperar unha abandonada polos distintos Gobernos municipais que tivo a cidade e daría servizo peonil e ciclista aos centros médicos.

“A desculpa non pode ser que non hai proxecto, porque tampouco o tiñan para a pasarela e enxeñeiros para facelo sobran. Polo tanto, collan os 8 millóns e invistan nun paseo para os cidadáns da Coruña e de toda a Área metropolitana”, dixo o candidato.