Monday 25 de November de 2024

Concerto de Sheila Patricia, este sábado na Fábrica


O X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno continuará este sábado cun concerto de Sheila Patricia no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

En tempos onde a folktronica chegou a un público masivo, hai que sinalar a Sheila Patricia como unha pioneira deste xénero. O seu canto tradicional demostra a riqueza do son galego que mestura con diversas formas de música electrónica, desde sofisticadas bases minimalistas ata explosións polirítmicas ultramodernas de son.

A música de Sheila Patricia desenvolveu unha perspectiva única que toma elementos do fado, o jazz ou a música folk arxentina. O seu proxecto é unha investigación continua das diferentes linguas do folk. Sheila acode co formato que a proxectou en 2022 cara aos escenarios internacionais: sintetizadores, electrónica sumada á percusión tradicional mais percusións de diferentes lugares do mundo. A danza cobra tamén protagonismo de mans da artista e dos bailadores Paula e Diego creando unha atmosfera que bebe da tradición e navega sobre a fusión e a mestizaxe.

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-a-fabrica/15217–sheila-patricia.html