Friday 22 de November de 2024

Miño avanza na extensión do servizo de saneamento a través de obras en Ansimonde, en Bemantes


• A actuación inclúe a instalación da canalización, así como a creación de dous pozos de rexistro e a posterior reposición do firme e o recrecido de pozos e conexións.

O Concello de Miño dá continuidade á extensión do servizo municipal de saneamento a través da execución de novos traballos de abastecemento e saneamento en Ansimonde, na parroquia de Bemantes.

A actuación, destinada a dar servizo a varios fogares que a día de hoxe carecen de rede pública, inclúe a instalación de 81 metros de canalización de PVC, para o saneamento, e de polietireno para auga.
Ademais, a intervención abarca a creación de dous pozos de rexistro, así como a reposición do firme afectado polos traballos con aglomerado e formigón, e o recrecido de pozos e conexións existentes.