· A inscrición abrirase o 27 de febreiro e pode facerse por teléfono no 981 791 252 ou a través dun formulario da web municipal.
· O obxectivo é dar continuidade ao traballo iniciado en anos pasados, reiterando aquelas actuacións formativas que tiveron éxito e propoñendo novidades.
O Concello de Bergondo continúa a apostar por mellorar a inserción laboral das súas veciñas e veciños e para iso lanza unha variada oferta de cursos gratuítos que levarán a cabo durante todo o ano e que recupera a normalidade previa á pandemia, que obrigou a adaptar este programa ao contexto sanitario e ás restricións.
O obxectivo principal é dar continuidade ao traballo iniciado en anos pasados, reiterando aquelas actuacións formativas que tiveron éxito e propoñendo novidades que veñen satisfacer peticións formuladas ao longo destes meses.
Seguindo estas premisas preséntanse un total de 11 cursos dalgunha das actividades máis demandadas Estes son: primeiros auxilios, auxiliar de caixa e reposición, tratamento dixital de fotografía, manexo de carretilla elevadora, ponte guindastre, plataforma elevadora, manexo de desfibrilador externo semiautomático (DESA), manipulador de alimentos, prevención de riscos laborais (nivel básico), actividade empresarial como montar unha empresa e inglés (nivel medio-conversación).
A inscrición xa está aberta e pódese facer por teléfono no 981 791 252 Ext.4 ou de forma en liña a través do formulario https://docs.google.com/forms/d/1c2xMmDmBkxmXvw8vTJRsZ-hStjM08t-N_GzgEPC-5yk/edit. Lémbrase que a programación pode sufrir variacións ao longo do ano debido a novas suxerencias por parte dos usuarios ou a que non se alcanza o número mínimo de rexistrados.