Friday 22 de November de 2024

A Escola de Música de Ortigueira presenta a programación da súa canle de Youtube para esta primavera


• Inclúe diferentes vídeos musicais baseados no turismo cultural do municipio, entre os que se atopan varios concertos celebrados no municipio ao longo de 2022

• Tamén se emitirán os ciclos “A escola non teatro” e “Música en familia”

A Escola de Música de Ortigueira presenta a programación cultural da súa canle de Youtube para esta primavera.

Na canle da EMCO poderase ver cada mércores de marzo e abril unha programación baseada no turismo cultural, entre a que se inclúen varios concertos celebrados no municipio durante o ano pasado.
O 1 de marzo iníciase a programación coa actuación de Carlos Núñez xunto á Escola de Gaitas, que tivo lugar o mes de setembro na igrexa de Santa Marta; o 8 de marzo poderase ver a interpretación de Amigos para sempre por parte da Banda de Ortigueira; o día 15 emitirase o Festival de Habaneras do ano 2022, o 22 de marzo emitirase o tema de Diego de Braelle, “Todo cambiou”, o 29 de marzo o Conxunto Vocal de EMCO interpretará a canción “Ou meniño mariñeiro”, o 12 de abril a Banda de Ortigueira e algúns cantantes interpretarán a canción “Alegría”, o 19 de abril actuará Manuel Riveira e o 26 de abril pecharase a programación co vídeo turístico promocional de “As Valkirias”.

Ademais, durante estas emisións, prográmanse tamén dúas sesións do ciclo “A escola non teatro”. A primeira celebrarase o venres 31 de marzo, interpretada polo conxunto vocal e o alumnado de piano e outra o 21 de abril, que estará a cargo o Combo da Escola xunto a diversos artistas.

Doutra banda, o ciclo “Música en Familia” terá lugar a semana do 24 ao 28 de abril nas instalacións da Escola, con varias audicións diarias nas que poderá actuar todo o alumnado da Escola de Música.
Desde o Concello de Ortigueira animan a todos e todas, veciños e visitantes, a pasarse pola canle de Youtube da Escola de Música e gozar destes fantásticos vídeos.