O día grande do carnaval vivirase en Moeche este martes, festivo local, nunha festa que terá lugar na nave do mercado a partir das 17:00h. A cita organizada polo Concello estará aberta a todos os públicos, aínda que dirixida especialmente á xente miúda, que contará con inchables, cama elástica e xogos ao ritmo da música.
Ademais tamén volve o concurso de disfraces con premios nas categorías individual infantil, individual adulta (máis de 12 anos) e grupos. Os premios entregaranse trala deliberación do xurado -a iso das 18:45h- e antes de rematar a tarde servirase chocolate con churros acabados de facer.
Sábado 4 de marzo, 21:00h – Cea baile da Comisión de Festas de Abade
Pasado o carnaval, e encarando xa a primavera, a Comisión de festas de Abade 2023 organiza unha cea baile na Nave do Mercado. A parte gastronómica inclúe sopa de marisco, codillo asado, sobremesa, café e licor, ao prezo único de 20€. As nenas e nenos ata 12 anos terán menú infantil gratuíto. Da parte musical encargaranse Alberto Bellón e o Dúo D’Ases.
As reservas poden facerse ata o día 28 de febreiro chamando ao 669 433 488, 649 287 881 ou 664 215 573. Hai máis información na páxina de Facebook “Comisión Festas Abade 2023”.