Cheo absoluto no pavillón de San Marcos para gozar hoxe, domingo 19 de febreiro, da gran festa de Entroido organizada polo Concello de Abegondo, tras dous anos de parón obrigado polo covid. Nos concursos de disfraces os gañadores foron: Comparsas: 1º: ‘Troula dous reloxos’ (800€). 2º: ‘Cabaliños polo Sahara’ (500€). Grupos: 1º: ‘Chiringuito dás caralletas’ (300€). 2º: ‘As piratas’ (200€). Individual/Parella: 1º: ‘Negrita culona’ (150 €). A tarde estivo amenizada pola música de Carlos Manteiga.