Friday 22 de November de 2024

Este domingo, concurso de Entroido en Carballo!


Organiza: Concellaría de Cultura

Seguridade: Servizo municipal de PC e voluntarios PC, Policía Local

Colaboran: Brigada municipal de obras, Aspaber-Ute Servizo de limpeza,

Hora de inicio do Desfile: 18 h

Itinerario previsto:

Rúa Cervantes, Gran Vía, Rosalía de Castro (infantil) Doctor Fleming (adultos), Valle Inclán, Colón, Desiderio Varela.

CONCURSANTES PREVISTOS

Máis de 300 persoas

Comparsas infantis

(ata 14 anos)

3

Comparsas adultos

6

Carrozas

2

Ademais, é posible participar nas modalidades de individual e grupos, tanto an categoría de infantil (ata 14 anos) como na de aultos

Os máis rezagados aínda se poderán inscrbir diante da Casa do Concello mañá domingo entre as 16.00 e 17.00 horas.

Nesta edición a contía dos premios do concurso é de 8.215 € dos cales, case 4.000 € están destinados a gratificacións por participar de 125 €, 200 € e 250 €[U1] , xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación; e o restante, aos 14 premios previstos no concurso, os maiores dos cales son 700 € para as carrozas ou 500 € para comparsas adultos

Este ano a presentación do Concurso será a cargo de Miguel Canalejo, actor de audiovisual e de teatro, e tamén director e guionista. Precisamente a semana pasada podemos ver no Pazo da Cultura unha obra dirixida por el e na que tamén participa como intérprete, Arte sen guión, da compañía carballesa Galeatro. No ámbito audiovisual, é coñecido pola súa participación e series como Serramoura ou Cuéntame, así como por formar parte do equipo de actores do popular programa da TVG Land Rober, onde amosa a súa faceta cómica. Gañou o Premio Mestre Mateo á mellor webserie 2021 con Xan, (creada xunto a Lucía Estévez), Proxecto gañador do Premio ao Festival Carballo Interplay 2019.

Haberá pasarúas coa Charanga Santa Compaña.

Despois do desfile celebrarase o xa tradicional BAILE DE DISFRACES na Praza do Concello e no transcurso do mesmo farase entrega dos premios do concurso. O baile será a cargo da Orquestra “Trébol” e está patrocinado pola Concellaría de Terceira Idade.