Friday 22 de November de 2024

Axenda do 18 ao 22 de febreiro de 2023


Sábado 18 de febreiro de 2023

Actividade: Conferencia “Que é e que non é estar tolo?”
Hora: 11.00
Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello promove o programa “A saúde mental e cousa de todos e todas”, no marco do que se desenvolverán varias conferencias e outras actividades relacionadas coa saúde mental. A primeira delas será esta conferencia do psicólogo e escritor Luis Muíño. Todas as actividades son de balde.

Actividade: Obradoiro de xoguetes sonoros
Hora: 11.00
Lugar: Centro Cívico Social do Couto

O Concello impulsa a través do Servizo de Normalización Lingüística o proxecto Guizo, para mellorar a socialización en galego das nenas e nenos de 6 a 12 anos. A primeira proposta é este obradoiro, dunhas dúas horas de duración, no que utilizarán recursos naturais e de refugallo para construír instrumentos musicais tradicionais.

Actividade: Festival de Entroido
Hora: 17.00
Lugar: Saída da Praza da Gándara

O Festival de Comparsas de Narón comezará cunha concentración das formacións participantes na Praza da Gándara, para dirixirse a comitiva por varias rúas da cidade á pista polideportiva da Solaina, onde terá lugar o festival no que interpretarán as súas cancións. Este ano participan un total de oito comparsas e haberá de novo un certame de disfraces de adultos con tres categorías (individual, parellas e grupos).

Domingo 19 de febreiro de 2023

Actividade: Entroido en Xuvia
Hora: De 12.30 a 18.30
Lugar: Pista polideportiva de Xuvia e patio do colexio

O Concello colabora coa AVV Altea de Xuvia na organización deste evento, que inclúe actuacións infantís, un cantar popular, inchables e un baile infantil de Entroido. Para asistir ao xantar popular é preciso adquirir os tickets, se ben o resto de actividades están abertas á cidadanía en xeral.

Mércores 22 de febreiro de 2023

Actividade: Ciclo de cine “Elas”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

O Concello e o Cineclube Serie B organizaron o ciclo de Cine “Elas”, adicado ás novas directoras do cinema español. A proxección de “Las niñas”, dirixida por Pilar Palomero, pechará este ciclo, con entrada de b alde.