• A empresa adxudicataria pon ao dispor dos veciños o número 650 203 318 para comunicar calquera problemática ocasionada pola execución dos traballos.
O Concello de Miño iniciou recentemente os traballos a través dos cales levará a cabo a renovación da iluminación pública en todo o termo municipal, un proxecto dotado cun orzamento de 3,2 millóns de euros dos cales 1,8 correspóndense a unha subvención concedida por parte do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A actuación permitirá renovar a totalidade da iluminación municipal, un total de 4.534 puntos de luz, dando mostra do firme compromiso da aposta do goberno local polo aforro e a diminución da contaminación lumínica.
Os puntos actuais de vapor de sodio, halogenuro metálico ou vapor de mercurio están a ser substituídos por outros de tipo LED, máis eficientes. Ademais, tamén se executará a actualización dos 92 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente, reducíndose a potencia de 2.840.384,104 kW a 812.245 kW e conseguindo un aforro enerxético do 63%.
Con motivo da execución destes traballos, a empresa concesionaria informa de que poden ocasionarse incidencias, polo que pon ao dispor dos veciños o número 650 203 318 para comunicar calquera problemática ou realizar consultas.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, indicou que co inicio desta actuación “avanzamos con paso firme cara unha iluminación municipal máis moderna, eficiente e respectuosa co medio”