Onte, mércores 15 de febreiro, desenvolveuse unha nova xornada de voluntariado ambiental no Encoro de Abegondo-Cecebro, na que se contou coa participación do Grupo Natiralista Hábitat e do persoal da corporación Hijos de Rivera.
Nesta ocasión, a especie exótica invasora obxectivo dos traballos foi a ‘Conyza canadensis’, con ampla presenza nas beiras do encoro.
Tras unha maña de duro traballo, eliminouse dita planta dunha superficie aproximadamente 2000 m2.
A xornada enmárcase na convocatoria de axudas a Reservas de Biosfera da Consellería de Medio Ambiente e realizada dacordo ás directrices Post-Life do proxecto LIFE Fluvial.