• O proxecto, denominado “De maior crea”, pretende potenciar a creatividade para favorecer o envellecemento físico e mental, ademais de fomentar a participación social
• Para solicitar información sobre a inscrición os interesados e interesadas poderán poñerse en contacto coa educadora social a través do número de teléfono 981 400 000
O Concello de Ortigueira, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza un taller gratuíto de cinema con smartphone dirixido a maiores de 55 anos, no que non son necesarios coñecementos previos para poder participar.
O proxecto, denominado “De maior crea”, pretende potenciar a creatividade para favorecer o envellecemento físico e mental, ademais de fomentar a participación social.
Durante o taller as persoas participantes poderán aprender a sacarlle partido aos seus teléfonos móbiles, aprendendo a realizar gravacións domésticas e a realizar películas dun modo totalmente práctico, no que os participantes poderán incorporar ás súas gravacións novas técnicas e linguaxe audiovisual.
O curso estará dirixido por expertos na materia e os contidos das clases serán flexibles para poder adaptarse aos coñecementos e habilidades dos participantes.
Para solicitar máis información sobre a inscrición no taller os interesados e interesadas poderán poñerse en contacto coa educadora familiar a través do número de teléfono 971 400 000.