Thursday 21 de November de 2024

María Rivas aplaude a renovación de todo a iluminación pública de Cariño con fondos IDAE e subliña o impulso que o Plan de Sustentabilidade Turístico do Goberno dará á comarca de Ortegal


§ María Rivas supervisou xunto co alcalde, José Miguel Alonso Pumar, a renovación de todo a iluminación pública municipal que contou con 642.256,97 euros do IDEA

§ A subdelegada destaca o impacto que terá na comarca a integración de Cariño, xunto ao resto de municipios que forman parte da AXCO, na rede de geoparques mundiais

§ Grazas ao Plan de Recuperación do Goberno 1.344 vivendas e 138 zonas de Cariño terán conexión rápida a internet dentro do plan da ÚNICO-Banda Ancha antes de que finalice 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas desprazouse hoxe a Cariño para supervisar xunto co alcalde, José Miguel Alonso Pumar, a renovación de todo a iluminación pública municipal que se levou a cabo con fondos do IDAE (Instituto para a Diversificacion e o Aforro de Enerxía)

O proxecto estaba valorado en 802.821,21 euros dos que o IDAE achegou 642.256,97 euros e o Concello os 160.564,24 euros restantes. Grazas a estes fondos substituíronse 1.546 luminarias por tecnoloxía LED e 23 cadros de mando por outros máis modernos que inclúen control remoto. Con estas axudas conseguiuse reducir o consumo preto dun 50%.

A subdelegada do Goberno mostrou a súa satisfacción porque desde xa Cariño sexa un “concello máis sostible, con máis eficiencia enerxética e con menos contaminación lumínica”
Durante a súa visita María Rivas tamén se achegou ata Cabo Ortegal e fixo referencia ao patrimonio natural tanto de Cariño como de toda a comarca. A subdelegada do Goberno, que hai uns días visitou o concello de Ortigueira, lembrou que “Cabo Ortegal é un referente non só para as galegas e galegos senón para miles de persoas que ano tras ano visitan esta costa e en concreto este concello atraídos por esta impresionante e salvaxe beleza natural”, sinalou.
María Rivas fixo fincapé en que “Vos Aguillóns máis que unha paisaxe é un espectáculo que queda para sempre gravado na memoria e temos a obrigación, a responsabilidade e a vontade de coidar este patrimonio natural que fai que Cariño sexa un concello privilexiado”,
Neste sentido, a subdelegada lembrou o impacto que terá na zona a integración de Cariño, xunto ao resto de municipios que forman parte da AXCO, na rede de geoparques mundiais, “o que sen dúbida repercutirá de maneira positiva no gran potencial turístico desta comarca”. Un potencial que tal e como lembrou o Goberno de Pedro Sánchez ten moi presente “como o demostra o feito do apoio recibido a través do Plan de Sustentabilidade Turístico de Destino Geoparque de Cabo Ortegal, con fondos de 1,5 milllón de euros”.

Plan ÚNICO-Banda Ancha
Durante a súa visita ao municipio, María Rivas aproveitou para lembrar que grazas ao Plan de Recuperación do Goberno 1.344 vivendas e 138 zonas de Cariño terán conexión rápida a internet dentro do plan da ÚNICO-Banda Ancha antes de que finalice 2024, “o que sen dúbida será outro factor máis que contribuirá a impulsar a Cariño ao futuro”.
No que respecta a a provincia da Coruña, nesta segunda convocatoria, que se executa entre xaneiro deste ano e decembro de 2024, a conectividade ultra rápida chegará a 36.556 fogares e empresas da provincia, cun investimento total de 26.679.653 euros, dos que o Goberno achega 13.369.858 euros (o 50%).
En canto á convocatoria de 2021 que actualmente se está executando na provincia da Coruña beneficiáronse 15.923 fogares e empresas de 1.890 zonas en 76 concellos. O investimento total foi de 4.469.994 euros, dos que o Goberno achega 3.497.951 euros. O obxectivo é conseguir dotar a aqueles concellos máis pequenos e con menor poboación das ferramentas necesarias para facelos máis competitivos.