A actividade forma parte da programación previa á celebración da Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista que o BNG celebrará en setembro en Cabanas
Dentro da programación previa á celebración da Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista prevista para o mes de setembro en Cabanas, o BNG e a Fundación Galiza Sempre organizan a presentación do libro “Federación de guerrillas León – Galiza”.
O acto, no que participarán os historiadores Paco Macías e Eliseo Fernández, terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 20h na Escola Unitaria de Lavandeira de Cabanas, con asistencia libre até completar o aforo.
Sobre a Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística
A Homenaxe, que se celebrará en setembro, nace coa intención de honrar a memoria de todas as persoas que loitaron contra o Réxime franquista e sufriron a súa represión, comprendendo non só ás guerrilleiras e guerrilleiros, senón tamén a todas as persoas que serviron de apoio loxístico á mesma dando refuxio, xantares ou compaña, sen as cales as resistencia non sería posíbel.
A escolla de Cabanas para esta conmemoración non é casual, xa que este concello acolle a base da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galiza, que foi parte dese movemento e continuou en uso até comezos da década de 1950 en Cal do Barqueiro, nos terreos que hoxe ocupa o Parque Natural das Fragas do Eume.