A incorporación de tres funcionarios de policía o 14 de febreiro non é suficiente para paliar a deficitaria dotación de axentes do municipio
O persoal da Policía Local do concello de Oleiros é de 28 policías. Se descontamos aos que non patrullan -un xefe, tres inspectores e dous traballadores con baixas de longa duración- , a dotación real é de 22 axentes, aos que se engaden tres novos membros que se incorporan o 14 de febreiro. 25 axentes en total. Unha cifra moi afastada das recomendacións oficiais.
A FEGAMP aconsella un cociente de 1 axente de policía local por cada 667 habitantes. A propia Unión Europea, eleva esta cifra ata 1,8 axentes por cada 1.000 habitantes.Oleiros ten 37.271 habitantes (Fonte: INE, 2022) e, segundo estas recomendacións, o persoal necesario segundo a poboación –e a extensión municipal- situaríase entre 56 e 67 axentes.
A primeira evidencia é demoledora: o número de policías locais de Oleiros apenas chega á metade das recomendacións menos esixentes.
“Se en circunstancias normais, a extensión e poboación do noso concello xustifica un persoal de policías moito maior que a actual, canto máis co clima de inseguridade cidadá que se está rexistrando neste e outros concellos limítrofes nos últimos tempos”, manifesta Loli Silva, candidata do PP á alcaldía de Oleiros.
“É urxente que desde o concello tómense en serio o déficit de axentes e apropia xestión do corpo de Policía Local, que sofre unha continua perda de funcionarios que se acaban indo a outros municipios”, apunta Loli Silva.