Inés Rey destaca o efecto positivo das bonificacións do billete implantadas polo Goberno municipal
A alcaldesa, Inés Rey, presentou xunto ao director da Compañía de Tranvías, Ignacio Prada, e ao concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz, o balance de viaxeiros do servizo de autobuses urbanos durante o 2022. No conxunto do ano rexistráronse un total de 20.002.007 viaxeiros, o que supón un ascenso do 23 % con respecto ao 2021 e sitúase por riba da medida española en canto á recuperación fronte ás cifras previas á pandemia.
“Estas estatísticas amosan que A Coruña coas súas medidas a prol do uso do transporte público e colectivo estase aproximando aos datos anteriores á pandemia e subindo ennúmero de viaxeiros de xeito significativo”, declarou Inés Rey. Todas as liñas aumentaron significativamente o número de viaxeiros e viaxeiras, destacando sobre as demais a liña universitaria, cun 24 % máis de usuarios no 2022. Nesa liña o executivo local aprobou o pasado outubro unha bonificación do 60%.
No mes de setembro, cando se implantou o 30 % de desconto no billete do bus, o número de usuarios incrementouse ata chegar ás cifras previas á pandemia. No que vai de 2023, as estatísticas continúan a mellorar e se sitúan só un 5 % por debaixo do rexistrado no mesmo período do 2019. No primeiro mes deste ano rexistráronse 1.770.491 viaxeiros, 374.814 más que no 2022, exercicio no que xa se produxera un aumento importante.
“Estas estatísticas son consecuencia da política do fomento do transporte público queestamos a levar a cabo, grazas ao apoio do Goberno de España e grazas tamén ao esforzo económico que estamos a facer desde o Concello”, indicou Inés Rey. A rexedora criticou a negativa da Xunta de Galicia a bonificar o transporte urbano coruñés: “Unha mostra máis do desleixo da administración autonómica cara aos coruñeses e coruñesas”.