O próximo día 25 de outubro con motivo do Día do Dano Cerebral varios monumentos de toda España tornaranse de verde co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer unha enfermidade que afecta a miles de persoas no noso país. Cambre unirase a esta campaña o próximo fin de semana coa iluminación do Paraugas de Ou Amorne. Con estas accións trátase de achegar a realidade do dano cerebral á sociedade e axudar a que esta sexa comprendida; sumando así esforzos para lograr un sistema socisanitario que garanta a continuidade asistencial e a implantación dun modelo de atención do dano cerebral. Segundo o concelleiro de Benestar, Jesús Bao, con esta acción Cambre pon o seu gran de area para visibilizar unha enfermidade que afecta a miles de persoas.
Articulos relacionados
O Observatorio contra a LGTBIfobia constata un leve descenso nos incidentes de odio na cidade
abril 19, 2023 Comments are off 0 visitas
ALAS Coruña atendeu a 330 persoas durante o ano 2022 A concelleira de Igualdade, Benestar ...
O Centro de Interpretación do Pico Sacro xa conta cun monólito na honra de Antía Cal
mayo 14, 2018 Comments are off 407 visitas
O alcalde de Boqueixón presidiu a emotiva homenaxe realizada pola Asociación Mestre Manuel Gacio á ...
Novas oportunidades de busca na emprego para as mulleres da comarca grazas ao programa Enredando
septiembre 12, 2019 Comments are off 193 visitas
A Mancomunidade ordense ofertou máis dun cento de prazas, a maoría delas cubertas, para ...
