• O documento recolle unha serie dereitos e deberes para a conservación e limpeza dos espazos públicos e mobiliario urbano con especial atención á tempada estival.
O Concello de Miño levará ao pleno do próximo xoves, 16 de febreiro, a aprobación da primeira Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá no municipio, que ten por finalidade a conciliación dos intereses de todos para fomentar a boa convivencia entre todos, tanto residentes como visitantes garantindo así a conciliación entre ambos en todas as épocas do ano.
A proposta inclúe unha serie de dereitos e obrigacións para a cidadanía, orientados á preservación tanto de espazos públicos como de mobiliario urbano e elementos naturais, facendo o documento especial fincapé á tempada estival, na cal se rexistra un notable aumento da poboación en todo o termo municipal.
Tamén establece unha serie de regras básicas coas que se pretende acabar coas molestias xeradas por prácticas como o “botellón”, facilitar a coexistencia con animais e garantir un uso respectuoso das praias do municipio, determinacións relativas ao uso das vías públicas para conciliar o seu uso normal con formas alternativas de mobilidade e para garantir que se dea cumprimento aos deberes que competen á cidadanía en materia de urbanización, ou o correcto tratamento de residuos, co fin de alcanzar o nivel de limpeza, uso e ornato dos espazos públicos.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo sinala a importancia de “promover espazos de convivencia para que tanto a veciñanza como a xente que visite Miño poidan gozar en harmonía dous fantásticos recursos que ofrece ou noso municipio”.