Saturday 16 de November de 2024

O Pazo acollerá en febreiro o ciclo de cine “Elas” impulsado polo Concello e o Cineclube Serie B


O ciclo de cine “Elas” impulsado polo Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B continuará mañá no Pazo coa proxección da película “Libertad”, de Clara Roquet. As persoas que desexen ver o filme poderán facelo neste ciclo, con entrada de balde e que comezará ás 20.00 horas. A directora da película obtivo a pasada semana o Premio Goya á mellor dirección novel e unha das actrices, Nora Navas, o de Mellor actriz de reparto. “Libertad” trata o tema da amizade entre dúas adolescentes que pasan xuntas o verán nunha idade na que avanzan cara á vida adulta.

A última proxección deste ciclo será o vindeiro mércores, día 22, xornada na que se poderá ver no Pazo ás 20.00 horas a película “Las niñas”, de Pilar Palomero. O filme gañou o Goya á Mellor película, Mellor dirección de fotografía, Mellor guión orixinal e Mellor dirección novel no ano 2021. Conta a historia dunha nena de once anos que estuda nun colexio de monxas en Zaragoza, que vive coa súa nai e que xunto cunha nova amiga afrontará a etapa da adolescencia.

A Federación Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia colaboran neste ciclo.