O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 13 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia da concelleira Charo Varela Fernández (Nós Pobra) e do concelleiro Francisco Javier Otero Maceiras (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Proposta de alcaldía para participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2023” da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.
2. Proposta de alcaldía para participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+Adicional 1/2023” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Aprobada por unanimidade.
3. Aprobación provisional crédito extraordinario 1/2023 (obras de mellora e rehabilitación centro sociocultural da Ribeiriña). Aprobada por unanimidade.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.