Friday 22 de November de 2024

A Pobra inicia as actividades grupais do Programa Integrado de Emprego


O Programa Integrado de Emprego para o período 2022/2023 que impulsan as administracións locais de Boiro e da Pobra do Caramiñal comezou xa nesta última localidade coas actividades grupais. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), achegouse na semana pasada para sauda-las participantes na sesión de coaching para a busca de emprego.

Subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa está dirixido a cen mulleres demandantes de emprego dos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira. Deberase acadar un 45% de inserción laboral.

O proxecto ten unha duración de doce meses e divídese en catro módulos: administración, marketing e atención á clientela, alimentación e almacén. Inclúe tamén unha etapa de prospección empresarial.