Os días 8, 9 e 10 de marzo a unidade móbil de expedición do DNI do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade.
O prazo habilitado para a reserva de cita previa abre o mércores 15 de febreiro ás 8:00 horas. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 610 001, onde ademais recibirán toda a información que precisen sobre a documentación que deberán achegar.