Friday 22 de November de 2024

Andaina saudable Paso a Paso por Neda


O Concello de Neda organizaba este domingo a segunda ruta do programa de Andainas Saudables Paso a Paso por Neda ao Monte de Ancos. Preto dun centenar de persoas de todas as idades tomaban parte na iniciativa coa que a Administración local busca fomentar hábitos saudables a través do exercicio físico en grupo e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o municipio. Nos vindeiros días avanzarase percorrido e data da ruta prevista para o mes de marzo