Friday 22 de November de 2024

Lois Calviño presenta a súa novela Las voces de mi cabeza. Conmoción, o xoves nas Torres


Lois Calviño presentará este xoves 16 de febreiro a súa novela Las voces de mi cabeza. Conmoción. Será ás 20.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz. No acto tamén intervirá Luís Ángel Veiga, profesor da Universidade da Coruña.

Las voces de mi cabeza. Conmoción é unha novela con prisma psicolóxico e perspectiva social sobre a vida dun mozo reservado que intenta fuxir da rutina e da dura convivencia coa súa nai, pero as voces da súa cabeza non tardan en desprezalo. A súa vida dará un xiro de forma inesperada e todo cambiará.

Lois Calviño é veciño de Oleiros. Cursou o grado de ADE e o máster en Banca e Finanzas. Actualmente alterna o seu traballo de asesor financeiro coa súa paixón por escribir e a súa outra grande afección: o baloncesto.