Saturday 16 de November de 2024

Os ‘xenerais da Ulla’ de Bama protagonizaron hoxe, Domingo de Corredor, a batalla dialéctica nun asollado día de Entroido


‘Os xenerais da Ulla’ de Bama, no Concello de Touro, protagonizaron a tarde de hoxe no campo da Festa de Bama a batalla diálectica do domingo de Corredor. É a primeira cita do Entroido no Concello de Touro. Durante os anos 2021 e 2022 non se celebrou o Entroido nesta parroquia do Concello de Touro a causa da pandemia da Covid19. Tras Bama, neste 2023, seguirán os xenerais da parraquia de Fao, o martes de Carnaval, e o desfile dos xenerais de Fonte Díaz, o 5 de marzo, na Feira do Entroido. O tradicional loita diálectica prodúxose hoxe nun asollado día de Entroio. Veciños e visitantes achegáronse para disfrutar da loita verbal.

O política nacional e internacional centrou un ano máis a loita dialéctica dos xenerais da Ulla de Bama. Foron batallas verbais cheas de referencias políticas sobre a máis candente actualidade: “Muertos sí que hubo/ en las guerras de tu partido/ entre lo de Ayuso y Casado/ cientos de bajas por fuego amigo”, apuntou un xeneral. E o outro replicou: “Eso son cosas del pasado/ y ahora Feijóo es el mandatario/ será el bombero de una España/ que está cansada de incendiarios”. Y continuaron: “España está en crecimiento/ con los progresistas al timón/ tan solo es la guerra en Ucrania/ la que explica la inflación”.

Foi unha tarde de sol e frío. Centos de persoas, moitas delas disfrazadas, acudiron a unha celebración na que os protagonistas foron os xenerais da Ulla. A ‘parranda’, composta por mozos da parroquia disfrazados e con traxes tradicionais galegos, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ao entroido de Bama. Cantaron os seus temas ao pé do palco. E a través dunha regueifa tamén loitaron novos contra vellos. Pola mañá, os xenerais xa tiñan percorrido as diferentes aldeas de parroquia de Bama.

Logo chegou a hora dos xenerais da Ulla. Xa más tarde foi a quenda a vellada, onde os maiores da parroquia representaron aos políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, apareceron os ‘frades’ co ‘pregón do frade’, coplas que contan o que preocupa aos mozos da parroquia. Houbo premios para os mellores disfraces.