Friday 22 de November de 2024

A comunidade educativa de Bergondo volveu concentrarse hoxe


A comunidade educativa de Bergondo volveu concentrarse hoxe, domingo 12 de febreiro, para denunciar a falta de resposta da Xunta de Galicia pola falta de persoal docente para atender ao alumnado con necesidades especiais no CPI Cruz do Sar.

A concentración, que contou cunha importante participación veciñal, tivo lugar antes do comezo do acto de inauguración da senda ZEC, como agradecemento á Deputación dá Coruña polo apoio mostrado por esta institución ás reivindicacións da comunidade educativa bergondesa.