Tras as mobilizacións desta semana e a falta de resposta á problemática da falta de profesorado, as familias demandan compromiso real dos Grupos políticos de Culleredo co Conservatorio Municipal de Música
Os problemas de xestión no Conservatorio Municipal de Música repítense nos últimos anos, sen que o Concello sexa capaz de darlles remedio.
O Goberno Municipal debe convocar un novo proceso selectivo con carácter urxente, e remetilo ao Servizo Público de Emprego.
Este domingo, 12 de febreiro, haberá unha nova mobilización da ANPA no Feirón de Culleredo, se seguirán concentrándose todos os mércores ás 17:00 horas diante do Conservatorio.
O Conservatorio Municipal de Música imparte ensinanzas oficiais ereguladas, que capacitan ao alumnado para o acceso a estudos superiorese para o exercicio profesional, nun entorno extremadamente competitivo, no que é fundamental a formación recibida nos anos previos.
Ao longo destes últimos cursos repítense os problemas que veñen sufrindofamilias e, dun xeito especial, o alumnado, ao non contar con substitución para o profesorado que causa baixa temporal.
A última convocatoria do Concello non serviu para solucionar os problemas e, no presente curso, os rapaces e rapazas levan perdido moitas horas de clase, mentres mensualmente as familias teñen que pagar os recibos por un servizo que non se lles está dando e por unha formación que se lles está negando.
O Goberno Municipal debe convocar un novo proceso selectivo con carácter urxente, e remitilo ao Servizo Público de Emprego.
As familias da ANPA queren lembrarlle ao Concello de Culleredo que asensinanzas que se imparten no Conservatorio Municipal de Música son ensinanzas oficiais e reguladas, que capacitan ao alumnado que as supera tanto para o acceso ao ensino superior de carácter universitario como para o exercicio profesional.
Neste sentido, o Conservatorio Municipal de Culleredo ten suficientes casos de éxito que así o atestiguan. Profesionais (porque ese é o título co que saen do Conservatorio) que teñen que enfrontarse a un mundo
extremadamente competitivo, no que é fundamental a formación recibida nos anos de Conservatorio. E para que esa formación teña a calidade requerida é preciso unha boa xestión do Centro educativo, cousa que o Goberno Municipal de Culleredo está a abandonar nos últimos anos.
A reiterada problemática na substitución do profesorado demanda ainmediata substitución do persoal docente de baixa, ben ampliando axornada laboral do profesorado actual, ben convocando novos procesos de selección para a actualización das listaxes de contratación. Neste último
caso, débese recorrer ao procedemento de urxencia, dando traslado do mesmo ao Servizo Público de Emprego, para que este llo remita ás persoas alí inscritas que reúnan os requisitos.
As familias demandan tamén que se lles pasen ao cobro os recibos correspondentes en tempo e forma, evitando atrasos e acumulacións de varias mensualidades.
Estas demandas buscan protexer un servizo público de calidade, co que as familias están comprometidas, e que precisa dun respaldo sen fisuras de todos os grupos municipais.
Mentres non se chegue á unha solución eficaz, a ANPA seguirá concentrándose os mércores ás 17 horas, diante do Conservatorio, concentracións ás que convida ao conxunto da cidadanía, e que este domingo, día 12 de febreiro, levarán tamén ao Feirón Municipal.