Destina 50.000€ á contratación dunha publicación que presenta practicamente como única novidade o Parque das Trece Rosas con relación a unha publicación do propio concello de fai catro anos
O PP de Oleiros cuestiona a decisión do concello de editar 14.500 exemplares dun libro “informativo” sobre equipamentos públicos municipais. A medida terá un custo próximo a 50.000€ e só enténdese desde unha mentalidade cortoplacista e electoralista do alcalde á conta do diñeiro dos contribuíntes de Oleiros.
Precisamente fai catro anos o concello editou “Oleiros en verde”. Un libro cuxo prólogo o asinaba o propio alcalde, que enviou ao domicilio dos cidadáns de Oleiros e onde lles lembraba a súa xestión en portas dunha campaña electoral. Igual que agora.
Nesta ocasión, a edición que se está preparando apenas achega novidade algunha con relación ao libro anterior, á parte do Parque das Trece Rosas e pouco máis. Por todo iso entendemos que tan pouca novidade non xustifica o investimento.
Desde o Partido Popular de Oleiros pensamos que este tipo de actuacións que só buscan o autobombo do alcalde no contexto preelectoral en que nos atopamos serían moito máis útiles para acometer accións onde prime a eficacia desde o punto de vista do servizo público e do interese xeral dos cidadáns, como incrementar a loita contra a procesionaria¸ as ratas ou as podas de árbores, entre outros.