Friday 22 de November de 2024

O Auditorio municipal acollerá a vindeira semana unha charla sobre o acceso á educación infantil nos centros de ensino


A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que o vindeiro martes, día 14, o Auditorio municipal acollerá ás 17.00 horas unha charla informativa sobre o acceso á educación infantil nos centros de ensino. A edil naronesa explicou que se trata dunha convocatoria dirixida a familias que escolarizan por primeiro ano aos seus fillos e fillas en centros públicos de Infantil.

Persoal dos equipos directivos de todos os centros de ensino públicos de Narón acudirá á convocatoria para informar ás familias sobre os prazos de matrícula, servizos que ofrecen os distintos centros e os proxectos curriculares. As familias terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren oportunas sobre o procedemento, tal e como asegurou Taibo.

Así mesmo, tamén se entregará aos asistentes á charla un folleto informativo sobre a páxina web municipal: buscoactividade.naron.es, donde se informa da oferta educativa da cidade.