Sábado 11 de febreiro de 2023
Actividade: “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón”
Hora: De 13.00 a 22.00
Lugar: Centro Comercial Odeón
A “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” organizada polo Concello e a Asociación Galega da Camelia reunirán esta fin de semana a varios produtores desta especie na cidade. O evento inclúe o “XIII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”, no que se premiarán as mellores variedades e composicións.
Actividade: “Edipo, a través de las llamas”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Pentación trae a Narón este espectáculo de teatro clásico, dunha hora e media de duración e de cuxo reparto forman parte recoñecidos actores e actrices, como Alejo Sauras, Julia Rubio ou Alejandro Linares, entre outros. As entradas teñen un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Pódense adquirir no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 12 de febreiro de 2023
Actividade: “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón”
Hora: De 10.00 a 18.00
Lugar: Centro Comercial Odeón