Paixón pola artesanía: isto é o que transmite a exposición de tallas elaboradas por Juan Manuel Paz que acubilla a casa da cultura Raquel Fernández Soler ata o día 1 de marzo.
As figuras modeladas gardan relación co mar e co agro froito do vínculo do propio autor con estes dous ámbitos. Mariñeiro e albanel retirado, Sampi, alcume co cal é coñecido, traballa a madeira con pouco máis ca a súa navalla ata obte-las creacións desexadas. O amor pola artesanía tamén o absorberon as súas fillas. Así, a mostra tamén presenta unha escolma de bonecas de trapo modeladas por Ana Paz.
O acto inaugural tivo lugar na tarde do día 9 de febreiro. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), remarca o apoio do Concello ás distintas manifestacións artísticas e á difusión do talento local.
A visitas pódense efectuar de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.