Preto dun centenar de persoas tomarán parte este domingo na segunda Andaina Saudable Paso a Paso por Neda ata o Monte de Ancos. Veciños e veciñas dende 10 anos en adiante formalizaron a súa inscrición na marcha, incluída no programa NedActívate co que o Concello busca fomentar hábitos saudables a través do exercicio físico, desfrutando da contorna natural do municipio e cun plus de motivación ao facelo en grupo. No mesmo colaboran a Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal, que guía os percorridos, e máis a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, claves para garantir a seguridade das persoas participantes no itinerario. A ruta deste domingo, un itinerario circular duns 7 kms e dificultade media-baixa, partirá ás 10:00 horas de Albarón