O prazo para a presentación dos orixinais estará aberto ata o 13 de abril.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade que non gañaran algunha edición nos últimos dez anos.
O Concello de Carral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convoca a 26ª edición do Concurso de Poesía que, nesta edición, contará cun premio único de 3.500 euros.
Poderá participar todo aquel autor ou autora maior de idade que non gañara o certame nos últimos dez anos.
As obras deberán ser inéditas, orixinais, escritas en galego, non premiadas noutros concursos e ter unha extensión mínima de 500 versos. O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 13 de abril.
Os traballos presentaranse exclusivamente de maneira dixital a través do enderezo web rexistro.culturacarral.es. Para máis información a persoa participante poderá dirixirse á Casa da Cultura do Concello de Carral, chamar ao 981 672 580 ou enviar un correo electrónico a cultura@carral.es.
A decisión do xurado, que estará presidido polo alcalde de Carral ou un concelleiro ou concelleira na que delegue e formado por dúas persoas de recoñecido prestixio no mundo da poesía galega xunto co autor gañador do ano pasado, coñecerase no mes de maio e o acto de entrega do premio celebrarase o 9 de xuño. A obra gañadora será publicada pola editorial Espiral Maior.
Pódense consultar as bases do concurso na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/06/2023_0000000638.html