· Esta actuación ten un orzamento de 48.386,97 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
· Realizarase unha actuación de urbanización da zona, renovando todos os pavimentos, a rede de saneamento, as acometidas e construíndo unha rede de pluviais.
O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos para a renovación do pavimento e da rede de saneamento na rúa Rozas, en Arou, un proxecto que conta cun orzamento de 48.386,97 euros e que está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
Os traballos suporán unha urbanización completa da zona, renovando todos os pavimentos e a rede de saneamento, á que se conectarán as augas negras, construíndo unha rede de pluviais e novas acometidas de saneamento y pluviais.