Friday 22 de November de 2024

Alternativa apoia a concentración convocada polos familiares de persoas dependentes contra a nefasta xestión do Servizo de Axuda no Fogar


Alternativa dos Veciños apoia a concentración convocada para este sábado polos familiares de persoas dependentes, que están afectados pola nefasta xestión do Servizo de Axuda no Fogar. Será ás 12 horas na Avenida do Balneario, á altura do Café-Bar Toñita.

Alternativa dos Veciños apoia a concentración convocada para este sábado polos familiares de persoas dependentes, que están afectados pola nefasta xestión do Servizo de Axuda no Fogar. Será ás 12 horas na Avecida do Balneario, á altura do Café-Bar Toñita.
Alternativa xa celebrou o pasado día 28 de xaneiro, diante da casa do Concello, unha concentración contra a xestión do Servizo de Axuda no Fogar.

“Son numerosas familias as que están a sufrir esta grave situación. Familias que se atopan desesperadas e que ademais teñen que ver como a concelleira responsable non fai absolutamente nada para solucionar a situación. Non se pode comprender como o concello tendo constancia non fai nada ao respecto “ apunta Noelia Martínez.

“As empresas adxudicatarias cambian a diario os horarios do servizo aos usuarios, provocando isto números inconvenientes aos usuarios e os seus familiares. Tamén, os problemas veñen ocasionados polo continuo cambio de persoal nas empresas prestadoras do servizo, xa que isto provoca tanto a usuarios como a profesionais unha continua nova adaptación e aprendizaxe. Logo, o que é máis grave se cabe, é que como consecuencia das malas condicións laborais que sofren as traballadoras, as empresas atopan o persoal necesario e cualificado para prestar o servizo. As traballadoras tamén están a sufrir a mala xestión e falta de supervisión por parte do Goberno Municipal” expón Noelia.

“Os usuarios e as familias xa non poden soportar máis está situación, e é por iso, que sairemos a rúa tantas veces como sexa necesario.
Moitos dos familiares das persoas dependentes están en contacto para unir forzas e loitar contra a nefasta xestión do servizo” matiza a Portavoz de Alternativa, Noelia Martínez.