As representacións de abono desenvolveranse do 11 de febreiro ao 10 de xuño
“Muna”, de Ganso & Cia, abre o ciclo cunha obra de teatro xestual e musical
Haberá ademais 36 funcións para centros escolares en horario lectivo dentro da programación da Concellaría de Educación
O ciclo de teatro Todo Público amplía esta primavera a súaoferta coa programación de oito espectáculos que se desenvolverán no Fórum Metropolitano e no Teatro Colón desde este sábado 11 de febreiro ata o 11 de xuño.
Este ciclo, que comezará o sábado coa representación de “Muna”, a cargo de Ganso & Cía,propón unha programación de teatro para maiores de 2 anos, cunha completa selección de espectáculos coa que iniciar as nenas e nenos no teatro e, en xeral, nas artes creativas, para desenvolver a súa sensibilidade e memoria emotiva.
O programa de abono está composto por oito espectáculos, que se poderán ver no Fórum e no Teatro Colón os días 11 e 25 de febreiro,11, 12 e 25 de marzo, 22 de abril, 13 e 27 de maio e 19 de xuño. Todas as funcións son ás 18.00 horas. Os prezos das entradas serán de 6 euros, aínda que existe un abono, composto por tres entradas para a mesma función, por 15 euros. Os menores de 3 anos teñen unha tarifa de 2 euros. As localidades pódense adquirir na web www.ataquilla.com, no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas e tamén no propio Fórum Metropolitano, unha hora antes de cada espectáculo.
Dentro da programación destaca a estrea no Teatro Colón da obra “Crisálida”, de CaramuxoTeatro, unha reivindicación da importancia do comercio tradicional, coincidindo ademais co 20 aniversario da compañía teatral.
A oferta para público familiar na fin de semana complétase cunha programación escolar dirixida aos centros educativos de educación infantil e primaria en horario lectivo, cun total de 36 sesións os dous días anteriores das representacións abertas ao público en xeral, en horario de 10.00 e 12.00 horas. Todas estas funcións escolares, desenvoltas en colaboración coa Concellaría de Educación, serán de balde, dentro da oferta da programación educativa do Concello da Coruña.
As obras incluídas dentro do programa de abono son as seguintes:
● “Muna”, de Ganso & Cia. Sábado 11 de febreiro, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 2 anos. Teatro xestual con obxectos e música en vivo.
● “A illa da deslembranza”, de Artika. Sábado 25 de febreiro ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 5 anos. Teatro de actores e monicreques
● “Crisálida”, de Caramuxo Teatro. Sábado 11 e domingo 12 de marzo, ás 18.00 horas no Teatro Colón. A partir de 5 anos. Estrea. Peza de teatro de máscaras.
● “La niña de las trenzas al revés”, de El Callejón del Gato. Sábado 25 de marzo, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 3 anos. Teatro de monicreques, obxectos e proxeccións. Premio Feten 2021 á mellor adaptación escénica. Premio Territorio Violeta, Artes Escénicas e Igualdade
● “Wombo Combo”, de Galeatro. Sábado 22 de abril, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 6 anos. Teatro de máscaras
● “La loka historia de Frankestein”, de Acar Teatro del Mundo. Sábado 13 de maio, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 4 anos. Espectáculo de teatro. Premio OH 2019 ao Mellor Espectáculo Infantil e á Mellor Escenografía.
● “Ás para Alex”, de Baobab. Sábado 27 de maio, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 5 anos. Espectáculo de teatro e monicreques. Premio “Provincia a Escena” na XXV Feira de Teatro de Castela-León.
● “El soldadito de plomo”, de Omar Álvarez Títeres. Sábado 10 de xuño, ás 18.00 horas no Fórum Metropolitano. A partir de 4 anos. Teatro de monicreques. Premios de Mellor Espectáculo, Mellor Locución Escénica e Mención Especial no IV Certame de Teatro Infantil do XL “Festival Nacional de Espectáculos para Niños”, Necochea (Arxentina) 2001