Saturday 16 de November de 2024

A veciñanza pide solucións para os derrubamentos producidos polas choivas


As vías onde se produciron os derrubamentos dos muros seguen cortadas e con pésima sinalización, co conseguinte risco. Fai semanas nas que a veciñanza de Sigrás e Estorrentada esperan que o Concello remedie a situación.

Alternativa recibiu as protestas de veciñanza afectada nas visitas que está a realizar semanalmente polas parroquias e deu traslado inminente da situación ao Concello para intentar axilizar solucións para a situación para previr males maiores.